X Aniversario

Área de Empresa

A Área de Empresa constitúe o eixo principal da actividade do Club Financiero Vigo. As súas instalacións son escenario da meirande parte dos actos que se desenvolven no seu interior.

Trátase dunha zona enteiramente deseñada para cubri-las necesidades das empresas accionistas en materia de expazos para o desenvolvemento de xuntanzas de traballo.

Unha área, en definitiva, coas mesmas características cun centro de negocios e/ou un hotel de luxo, pero cun servizo moito máis persoalizado e nun entorno de maior seguridade e discreción.

A Área consta das seguintes instalacións e servizos:

Salón de Actos

Sito na planta baixa e cun aforo de 250 prazas, o salón de actos ‘Otero Pedrayo’ está dotado dun servizo de tradución simultánea, videoconferencia e todo o material técnico e audiovisual necesario para realizar presentacións e comunicacións.

Salón de Conferencias

O salón de conferencias ‘Nogueira Dalmás’ atópase no primeiro andar e conta cun aforo de 150 persoas. Dispón dun sistema de videoconferencia e material audiovisual para presentacións.

Sala Multiusos

A sala multiusos ‘Arquitecto Palacios’ está ubicada na planta baixa do Club. Acondicionada como salón de exposicións, acolle tamén diversos tipos de actos e conta con capacidade para 100 persoas. Dispón ademais dun sistema de videoconferencia.


Aulas de Formación

O Club conta con dúas Aulas de Formación con capacidade para 45 persoas, que están dotadas de material audiovisual para presentacións.


Salas de Xuntas

As dúas salas de xuntas existentes no Club están situadas no primeiro andar e dispoñen de servizos audiovisuais, informáticos e videoconferencia.


Despachos Privados

Os despachos privados están tamén situados no primeiro andar e contan con equipos informáticos, material ofimático, videoconferencia e acceso a Internet.


Otros Servizos

  • Terminal de información bursátil.
  • Locutorio de Videoconferencia.
  • Acceso a Internet.
  • Organización de actos.
  • Equipos audiovisuais.
  • Servizo de cafetería.
Acceso de Socios
Acceso de Socios
Próximos Eventos
Os nosos Socios
Aviso Legal Contacto © copyright Club Financiero Vigo